miércoles, 28 de abril de 2010

Tema 13 de "Coñe"


Para conocer:

Constitición Española de 1978

Estatuto de Autonomía de Galicia

Órganos de goberno

Congreso dos Deputados

O Goberno

Poder xudicial

O Rei ....

Pincha AQUÍ

viernes, 16 de abril de 2010

POBOACIÓN EN ESPAÑA e ACTIVIDADES ECONÓMICAS


Para estudiar os temas 12 e 13 de C.M

Para coñecer datos Instituto Nacional de Estadística (INE)

martes, 13 de abril de 2010

CLIMAS DE ESPAÑA



Para estudiar:


¿Que é clima e factores do clima. Pincha aquí
Mapa de climas e características de cada tipo de clima de España
Gráficos de Climas ou climogramas
Refráns, adiviñas e outras curiosidades do tempo e o clima
Instrumentos de medida do tempo atmosférico
Exercicios

Para saber que tempo imos ter en Galicia

domingo, 11 de abril de 2010

martes, 6 de abril de 2010

A rá saltarina

A rá saltarina e a súa aventura
Había unha vez unha rá, xa un pouco maior, verde con puntos negros, que vivía coa súa familia. Un día vén un humano ao rio, que era onde estaba a rá, a pescar. Tiña un gran problema; ao ser a máis vella non saltaba tanto como para escapar de pedra en pedra. Entón collérona. Levárona nun bote cheo de auga doce para que non morrese. Soltárona nunha peceira, da casa do pescador, chea de rás, anguías, lavafontes e outros bichos que hai no rio.
Aos animais non lles caeu ben e todos dicían:
-¡Vella! ¡fora daquí! ¡vaite! (dicían)
A rá estaba triste e pensaba:
-Tampouco son tan vella.
Logo tivo unha idea.
A casa estaba ao lado do rio, so tiña que sair da casa e cruzar a estrada.
Primeiro intentou sair da peceira; estaba aberta so por un tubo para que entrase aire. Saltou pero, ao ser tan vella, non chegou. Entón pensou que, se todos querían que marchase, pediríalles axuda. Saiu, pero agora había que irse da casa. Era un primeiro piso así que, arriscouse, e saltou pola ventá. Caíu enriba dun colchón vello que acababan de tirar. Agora tiña que facer o máis difícil, cruzar a estrada.
Viu a un vello cun bastón cruzando polo paso de peóns, agarrouse ao bastón e cruzou a estrada. Tirouse no rio e, por casualidade, atopouse co seu primo Evaristo e o resto da familia que alegráronse moito de volver a vela.
Adrián Maceiras Fernández 5ºB

O galo presumido



O galo presumido

Había unha vez un galo chamado Calimero, que quería ser o máis fermoso de todos; pero as galiñas, querían outro máis listo aínda que non era o máis atractivo.
O galo que era marrón, quixo pintar de negro as plumas brancas. Púxose a traballar. Pintouse o rabo de negro e botou fariña nas ás.
Entón ao outro galo xa non o querían as galiñas e púxose demasiado triste; pero lle ocorreu algo. Tiña un amigo que era un paxaro vermello e lle pediu unhas poucas plumas, tamén foi por pintura pero no era negra senón dourada. Ao próximo día as galiñas quedaron abraidas coas plumas douradas do galo chamado Fredy. E así Fredy recuperou o se lugar no galiñeiro.
Estela 5ºB