martes, 23 de marzo de 2010

A BRUXA FRUCA

A BRUXA FRUCA
Había unha vez unha bruxa chamada Fruca que vivía nun val preto dunha ciudade . A Fruca gustábanlle moito os nenos , pero os nenos non estaban moi contentos con ela xa que o seu aspecto non era moi agradable . Iso a Fruca non lle gustaba moito e estaba un pouco triste .
Un día uns nenos que estaban a xogar ao balón preto da casa de Fruca se lles ocorreu ir a explorar aquela casa tan misteriosa . Fruca estaba no mercado das bruxas , pero eles entraron igual . Primeiro entraron na despensa onde había cousas moi raras como rabos de rata , ollos de sapo, alas de morcego etc. Despois foron á súa habitación onde había moitos traxes iguais: negros con teas de araña e un pouco rotos . Mais tarde foron ao salón onde viron a escoba máxica de Fruca e puxéronse a xogar con ela . Nese intre chegou Fruca . Os nenos a oíron e se agocharon detrás do sofá ; Fruca viña cansa .
Entón deixou na despensa as cousas que comprara e sentou no sofá onde estaban agochados os nenos . Os dous cativos tiraran sen querer unha figura que tiñan detrás ;
Fruca oíuno , miróu detrás do sofá e alí estaban os dous nenos cheos de medo , Fruca tranquilizounos e lles deu unhas galletas de chocolate . Un neno abraiado dixo :
-Pero, como tes galletas de chocolate?
Fruca rindo dixo :
-Gústanme.
E o outro cativo añadiu:
- Pero , ti non comes as cousas que tiñas na despensa como ollos de sapo , ás de morcego e rabos de rato?
- Non , iso é o que comen as miñas amigas cando veñen . Esas cousas non me gustan , gústame a comida normal como a que comedes vós .
Os nenos xa o entendian todo e pasaron a tarde na casa de Fruca , e ao día seguinte foron outra vez , pero con máis nenos e Fruca xa estaba contenta.
Alicia Penas Ferreira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario