martes, 23 de marzo de 2010

GOMINOLANDIA

GOMINOLANDIA
Había unha vez, unha nena á que lle gustaban moito as gominolas, chamábase Noelia. Noelia non era nin moi alta nin baixiña de todo, era morena e tiña uns preciosos ollos de cor verde esmeralda. Tiña unha irmá pequena, Alba, pero ainda era un bebe e non lle daba moito a lata.
Un día, cando Noelia ía cara a escola cas súas compañeiras, achegóuselle Xabi, o neno que lle gustaba dende primeiro, e deulle un osiño de gominola e marchou. A nena non cabía en si de gozo e pasou tódalas clases pensando en Xabi. Cando chegou á casa, o primeiro que fixo foi poner o osiño de gominola enriba da mesiña de noite e escribir no seu diario todo o sucedido no dia.
Pola noite, cando Noelia estaba adormecendo, unha luz iluminou o cuarto. Era o osiño de gominola.
-Que está pasando? –preguntou a nena asustada.-
-Ola nena, eu son Osi, e ti?
-Ola, eu chámome Noelia pero ti non eres unha gominola?
-Si.
-E como é que estas falando comigo, debo de estar soñando.
-Non, non estas soñando, o que pasa é que vos, os humáns, non sabades de nos, da nosa vila segreda.
-Vila segreda?
-Si, de Gominolandia.
-Gomino que?
-Gominolandia, é o noso pobo, onde vivimos todas as gominolas do mundo enteiro.
-Alaaaa!
-Gustariache vir?
-Pois claro.
-De acordo, só tes que dicir as túas tres gominolas favoritas.
-Vale; osiño de gominola, regaliz e amorodo!
Ainda Noelia non rematara de pronunciar a última palabra, e xa estaban noutro mundo, nun mundo no que todo era de gominola, chocolate e tarta. As nubes eran de gominola, as orbores de tarta e chocolate, as casiñas de Lacasitos, etc.
-Uaaaaaau!-exclamou Noelia impresionada- esto é fantástico.
-Bueno, non é tan fantástico como crees.
-E logo?
-Pois, resulta que todas as gominolas están desaparecendo.
-Como?
-Si, estanas a roubar os vendedores de gominalos do teu mundo para despois vendelas e comelas.
-É dicir, esta é a fábrica dos doces.
-Exacto
-Pois que pena, co ricos que estades.
-Pensei que ti nos poderias axudar.
-Claro que si, pero por onde vos levan?
-Levannos por aI arriba, por ese buraco meten o brazo e sacannos de aquí
Noelia queda pensando un pouco ata que...:
-Xa o teño!
-O que?
-Xa sei como solucionalo.
-Como?
-Pois tapando o buraco.
-E con que?
-Con un anaco de chocolate reseso e que saiba mal, así, pensarán que xa non a ibos doces e se os queren, teran que buscar outra maneira que non sexa roubar.
-De acordo, pero de onde sacamos o chocolate?
-Do meu bolsillo.
-Levas chocolate no bolsillo?
-Si, e , por sorte, dende hai uns días...
-Pois veña, coloquemolo!
Uns instantes despois de que puxeran o chocolate, unha man xigante colleuno bruscamente. De alí a un anaco, caeu o chocolate en picado e con un mordisco.
-Ben, funcionou!-exclamaron os dous.-
-Moitas grazas Noelia, se non chega a ser por ti, non sei que iámos facer-agradeceu Osi.
-Grazas a ti por traerme a este mundo tan maravilloso.
-Podes vir cando queiras, recorda, so tes que berrar as túas gominolas preferidas.
-E, que teño que facer para saír?
-Tes que pechar os ollos moi forte e dicir o mesmo que dixeches para vir, so que do revés.
Noelia dixo as palabras máxicas e apareceu no seu cuarto pero, nada mais sentir a roupa da súa cama chega a súa nai despertándoa. Todo fora un soño, un magnifico e fabuloso soño pero, ao que pode volver sempre que lle apeteza.
Un día, cando Noelia viña do cole, atopou a Xabi e contoulle todo o que pasara o día anterior:
-Xabi, a que non sabes que soñei onte?
-Non.
-Pois, soñei que, o osiño de gominola que me diches onte levavame a Gominolandia, o mundo das gominolas.
-A verdade é que non o soñaches, pero, conseguiches resolver o problema?
-Si.
-Menos mal, estaba moi preocupado.
-E por que me deches a min a Osi?
-Porque ti és unha nena moi valente e consigues todo o que queiras.
-De verdade pensas iso de min?
-Pois claro, e, deiche a Osi porque eres moi especial para min.
-En serio?
-Si
-Ti tamén eres especial para min, e, ao mellor temos alguna cousa en común.
-A ver, cales son as túas gominolas favoritas?
-Osiño de gominola, regaliz e amorodo.
-As miñas tamén.
-Jajajaja.
Noelia e Xabi decidiron que poderían ser moi bos amigos e, de vez en cando, poderían ir a visitar aos seus amigos de Gominolandia.
Cristina Barral Villasenín 5ºB

No hay comentarios:

Publicar un comentario